Bocairent

Bocairent

Municipio da provincia de València, da comarca do Val de Albaida, situado no centro do val de Bocairent (97 km2; 4.627 h [1996]). Rodeado polas serras de Onteniente e Mariola, drenado polos ríos Vinalopó, Xúcar e Clariana. O territorio é de carácter montañoso, con bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura predominan os cultivos de secaño, se ben o regadío aproveita as augas do Vinalopó. Os cultivos máis estendidos son os cereais e as árbores froiteiras, especialmente a maceira nas áreas de regadío, e os cereais, oliveira e o bidueiro nos de secaño. A actividade económica básica é a industria, cunha ampla tradición no téxtil, especialmente a fabricación de mantas. A poboación medrou, fundamentalmente ao longo do s XVIII. De orixe islámica, foi vila real con voto en Cortes. Dentro do termo municipal hai restos ibéricos.