Bocanegra, Francisco Alejandro
Bocanegra, Francisco Alejandro
Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Granada