Boccioni, Umberto
Escultor, pintor e teórico da arte. Foi un dos principais representantes do Futurismo. A partir do ano 1898 entrou en contacto co Cubismo e co Divisionismo. No ano 1910 asinou o Manifesto dos pintores futuristas e no 1912 o Manifesto técnico da escultura futurista, do que foi redactor. Co libro Pitture e no-sculture (Pintura e non-escultura, 1914) converteuse no teórico do movemento. A pintura Elasticidade (1912) é unha síntese das novas invencións plásticas, que influíron especialmente na obra de Medardo Rosso. Cun lirismo barroco, introduciu nas súas obras o tempo e o movemento. Está considerado un dos principais innovadores da escultura contemporánea. A súas teorías sobre escultura anuncian as creacións posteriores: propuxo o uso dos novos materiais como as luces e o cristal así como a introdución de motores eléctricos. Entre as súas obras salientan: Retrato da miña nai (1912), Desenvolvemento dunha botella no espazo (1912) e Formas únicas de continuidade no espacio (1913). Morreu nun accidente de aviación.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Reggio de Calabria -
Deceso
Lugar : Sorte