Bochum

Bochum

Cidade do land do Rin do norte de Westfalia, Alemaña, na chaira entre o Ruhr e o Emscher (395.837 h [1998]). Situada na conca industrial do Ruhr, comezou a súa expansión como centro mineiro. Entre as principais industrias cómpre subliñar as fundicións, industrias do aceiro, a construción de automóbiles (Opel) e de maquinaria. Mencionada por primeira vez ao final do s IX, recibiu o título de cidade no ano 1321. No 1461 formou parte do ducado de Kleve e ao principio do s XVII pasou a Brandenburgo.