Bock, Hieronymus
Bock, Hieronymus
Naturalista alemán. Na súa obra máis importante, Neues Kräuterbuch (Novo herbario, 1539), describiu un gran número de plantas e os seus hábitats, tendeu a agrupalas segundo as súas afinidades naturais e foi clave na Botánica ao constituír o primeiro intento de clasificar os vexetais acompañado dunha investigación da nomenclatura empregada anteriormente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Heidesbach, Palatinado -
Deceso
Lugar : Hornbach, Palatinado