Böcklin, Arnold
Böcklin, Arnold
Pintor suízo. Formouse en Düseldorf, Xenebra, París e Roma, onde residiu impresionado pola cultura italiana (1850-1857). Exerceu, despois o seu maxisterio en Weimar (1860-1862), e posteriormente estableceuse en Italia. Admirador do Veronese e de Rubens, foi un romántico tardío, amante das paisaxes misteriosas e de mitoloxías; a súa obra é tan pronto melancólica como macabra. Influíu moito no seu tempo, sendo o representante da síntese xermano-latina. O seu prestixio vén dado pola obra Pan entre xuncos (1857). Destaca tamén a súa obra Illa dos mortos, da que fixo seis versións dende 1880, inspirando incluso composicións musicais (Max Reger e Sergej Vasil’evič). Influíu sobre a pintura metafísica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Basilea -
Deceso
Lugar : Fiesole