Boedo Núñez, Xosé
Boedo Núñez, Xosé
Cantante. Coñecido como Pucho Boedo, a súa traxectoria profesional comezou na Coruña coa Orquestra Eslava, para pasar a integrar posteriormente a Orquestra Oriente, e logo a Orquestra Los Trovadores, chamada nun principio Pucho Boedo y sus trovadores. Marchou a Venezuela de xira cos Satélites, orquestra formada nese momento por Alvarito, Pucho Portela e mais el. Á súa volta a Galicia integrouse de novo en Los Trovadores e logo en Los Tamara, formación na que estaban Prudencio e Alberto Romo, Xosé Sarmiento, Enrique Paisal, Manolo Paz, Francisco Rodríguez e Pucho Boedo. Na súa carreira musical gravou preto de noventa cancións.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Silva, Ventorrillo, A Coruña -
Deceso
Lugar : A Coruña