bogada
(
-
s
f
Auga que contén lixivia. É un costume popular empregar auga fervida con cinsa no canto da lixivia. Faise para quitar as manchas producidas por graxa ou materias colorantes. Para iso, colócanse as prendas de roupa nun cesto alto e relativamente grande, procurando que as pezas, aínda sen acabar de secar, queden ben asentadas e estendidas. Por riba delas ponse unha saba dobrada de xeito que as tape por completo. Bótase entón a borralla ou cinsa e logo auga fervendo, tendo tino de repartila ben para que ao filtrarse chegue a toda a roupa, e déixase así ata o día seguinte, en que se lavará de novo. Nalgunhas partes a cinsa bótase na caldeira coa auga, para que ferva con ela.
Ex: Teño que poñer estas prendas na bogada para limpalas ben.
Sinónimos: coada. -
s
f
Lavado da roupa con auga que contén lixivia.
Ex: Hoxe tócame a min facer a bogada.
Sinónimos: coada.
Frases feitas
-
Darse tanto por alguén como a auga da bogada que vai polo río abaixo. Dar mostras de desinterese.