bogomilismo

bogomilismo

(

s m [HIST/RELIX]

Secta atribuída ao pope coñecido como Bogomil e difundida en Bulgaria a partir de mediados do s X. Influída por doutrinas neomaniqueas de Asia Menor, a seita propugnaba unha reforma social da Igrexa oriental e a abolición da escravitude. O centro de difusión foi a cidade de Plovdiv (ou Filopópolis, Tracia). O bogomilismo perdurou ata a conquista turca (s XV), despois de terse estendido polo Imperio Bizantino. Influíu sobre algúns movementos occidentais, como o Catarismo.