Bogor

Bogor

Cidade da illa de Xava, provincia de Xava Occidental, Indonesia (285.114 h [1995]). Ten unha importante fábrica de pneumáticos. Fundada no 1754 polos holandeses, posúe entre o seu patrimonio cultural un xardín botánico e o antigo palacio do gobernador xeral das Indias Holandesas. Trala independencia de Indonesia mudou o seu nome anterior, Buitenzorg.