Bogotá

Bogotá

Capital de Colombia e do departamento de Cundinamarca, constitúe ao mesmo tempo, un distrito especial (4.945.448 h [estim 1997]). Situada a 2.640 m sobre o nivel do mar, o clima é temperado. A cidade é un núcleo industrial importante, especialmente químico, téxtil, papeleiro e cervexeiro; ademais, é moi característica a súa industria de sombreiros. Así mesmo, co obxecto de recibir novos investimentos económicos, abriuse unha zona franca. Na cidade están, entre outras, as sedes da Universidade Nacional de Colombia, fundada no 1867, e da Pontificia Universidade Javeriana, fundada no 1622. Na cidade hai algunhas igrexas que se remontan ao s XVI. Entre os edificios civís, destaca o pazo de San Carlos. Fundada p