Bohigas i Guardiola, Oriol
Arquitecto, urbanista, crítico e historiador de Arquitectura. Parte dun realismo fundamental e ten unha posición renovadora na linguaxe do deseño. Foi un dos promotores do Grupo R (1953-1963). Traballou asociado a Josep M. Martorell e David Mackay. Das súas obras destacan a Mutua Metalúrxica, os talleres de La Vanguardia, a escola Thau, os parques da Creeueta del Coll, en Barcelona; o conxunto Triedrichstadt, en Berlín e o parque de España en Rosario (Argentina). Foi delegado da área de Urbanismo do Concello de Barcelona (1980-1984) e interveu en diversos proxectos derivados dos Xogos Olímpicos de Barcelona (trazado urbanístico da Vila Olímpica). Publicou numerosas obras, entre as que destacan: Barcelona entre el Pla Cerdá i el barraquisme (Barcelona entre o Plan Cerdá e o chabolismo, 1963), Arquitectura modernista (1968), Contra una arquitectura adjetivada (1969), Polèmica d’arquitectura catalá (Polémica de arquitectura catalana, 1970), Proceso y erótica del diseño (1972), Reconstrució de Barcelona (Reconstrución de Barcelona, 1985) e Vivir e ver (Premio da Crítica Serra de Ouro, 1990). É promotor da publicación Arquitecturas bis e colaborador de diversas revistas técnicas. Gañou numerosos premios FAD.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona