Boileau-Despréaux, Nicolas
Escritor. Da súa produción, escrita xeralmente en verso, destacan as doce Satires (Sátiras, 1666-1711), que se reparten entre pinturas da vida parisina, reflexións morais inspiradas en Horacio e Juvenal e crítica literaria. Entre as Épîtres (Epístolas, 1669-1698), que tratan dos mesmos temas que as Sátiras, destaca a oitava, À Racine, sur l’utilisation des ennemis (A Racine, sobre a utilización dos inimigos). En L’Art Poétique (A arte poética, 1674) explicitou as súas concepcións literarias: estudia a traxedia, a comedia e a epopea, e aconsella respectar as regras das tres unidades. Cómpre subliñar tamén o poema traxicómico Le lutrin (O atril, 1672-1683). Entre as súas obras en prosa destacan: La dissertation sur Joconde (A disertación sobre a Gioconda, 1688), Tradution du traité du sublime de Longin (Tradución do tratado do sublime Longin, 1674) e Réflexions critiques sur Longin (Reflexións críticas sobre Longin, 1694-1710). Coas súas sátiras creou a crítica literaria en Francia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso