Bolaños de Calatrava

Bolaños de Calatrava

Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao SL de Ciudad Real (87,9 km/h2; 10.547 h [1996]). O territorio constitúe unha chaira agás o S onde está a Serra del Moral. As principais actividades económicas son a agricultura (patacas, legumes, vide) e a gandería ovina. Hai tamén unha importante industria conserveira (vexetais) así como de fabricación de embutidos. No termo está o castelo romano de Doña Berenguela e a ermida de Nuestra Señora del Monte.