Boldini, Giovanni
Boldini, Giovanni
Pintor. Formado en Florencia, onde foi un dos macchiaioli, estivo influído polos retratistas ingleses dos ss XVIII e XIX e chegou a ser o gran retratista da aristocracia e da intelectualidade (O conde Robert de Montesquieu). A súa pintura caracterízase polas pinceladas longas e elegantes, as tonalidades rechamantes e, a miúdo, por unha sutil ironía. Existe un museo dedicado á súa obra en Ferrara.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrara -
Deceso
Lugar : París