Boleslao
Boleslao
Nome de varios duques de Bohemia: Boleslao I chamado o Cruel (? 909 - 967). Duque de Bohemia (936-967). Loitou para evitar a soberanía do Imperio romano-xermánico, pero finalmente a recoñeceu (950). Boleslao II (? - ? 999) Duque de Bohemia (967-999). Uniuse á revolta do duque de Baviera contra os emperadores romano-xermánicos, pero finalmente someteuse a Otón II.