boletal

boletal
  1. s f [FUNGO]

    Fungo da orde das boletais.

  2. s f pl [FUNGO]

    Orde de basidiomicetos da subclase das agaricomicetídeas integrada por fungos de carpóforo carnoso co himenio formado por tubos que forman unha capa separable e que establecen micorrizas con diversas plantas. Pertencen a esta orde as familias das higroforopsidáceas, das onfalotáceas, das paxiláceas, das gonfidiáceas, das boletáceas, das xirodontáceas e das estrobilomicetáceas.

Palabras veciñas

Boleslao | Boleslawski, Richard | boletácea | boletal | boletín | Boletín | Boletín