Boletín

Boletín
[PUBLIC]

Denominación que recibiu o Boletín informativo del Ateneo da Coruña. Tomou este título en novembro de 1986, cando o Ateneo estaba a piques de cumprir os dez anos de existencia. Rexístranse números ata xullo de 1989, aínda que se sabe que seguiu editándose na década dos anos 90. O nome de Boletín informativo del Ateneo de La Coruña pasou a ser o subtítulo desta publicación en galego. Nesta etapa editouse baixo a coordinación da Comisión de deseño do Ateneo. O contido é case o mesmo que o da época anterior: balance económico, asemblea de socios, cursos, ciclos, conferencias, etc. Estaba ilustrado con montaxes fotográficas e debuxos alegóricos das actividades que se ían desenvolver.

Palabras veciñas

boletácea | boletal | boletín | Boletín | Boletín | Boletín | Boletín Académico