Boletín Apícola

Boletín Apícola

Publicación bilingüe que saíu en Santiago no ano 1984 baixo o subtítulo “Revista trimestral da Asociación Galega de Apicultura AGA”. No ano 1988 o nº 26 apareceu subtitulado como “Información e divulgación das abellas. Asociación Galega de Apicultura. A.G.A.” A redacción e o asesoramento corrían a cargo de X. M. Asorey e X. L. Meixide. Entre os seus colaboradores atópanse Merche Espiño, X. L. López, X. López, Marcos Varela, Edgar A. Correira e Xosé Torres, entre outros. Trátase dunha revista especializada dentro do campo da Apicultura que contaba coas seccións: “Editorial”, “Técnicas”, “Sanidade”, “Lexislación”, “Flora” e “Informe”. Estaba ilustrada con fotografías e debuxos.