Boletín Eclesiástico del Obispado de Orense
Publicación que saíu á luz en Ourense no ano 1850, aínda que a partir de 1857 foi substituída polo Boletín Oficial de la diócesis de Orense. A Secretaría da cámara do bispado foi a encargada de fundar e dirixir esta publicación que alternaba o castelán co latín. Non houbo firmas dos colaboradores, emporiso algúns poemas levaban as iniciais: F. P. de A., M. Pardo, etc. O boletín posuía un enfoque relixioso patente nas poesías, nos actos oficiais do prelado, nas pastorais ou nos artigos tirados da prensa católica. Contaba con dúas seccións “Secretaría de Cámara del gobierno eclesiástico de Orense” e “Habilitación del culto y clero de la provincia de Orense”. Nas súas follas tamén se ofrecía publicidade, principalmente de prensa e de libros católicos.