Boletín Judicial de Galicia

Boletín Judicial de Galicia

Publicación aparecida na Coruña o 5.8.1856 e que cesou entre os anos 1866 e 1867. Aínda que nun principio saía semanalmente, pouco a pouco editouse de forma máis irregular. Foi impreso no Hospicio, por Puga e por Cascante. Foron os seus directores Benito Plá y Cancela, Laureano Lago, Félix Álvarez Villamil e Alonso Rey. Entre os seus redactores figuran Manuel Rúa Figueroa, Salustio Alvarado, Antonio Batanero e Justo Pelayo Cuesta, entre outros. Como colaboradores aparecían Castro Bolaño e Eduardo Trillo. Tiña as seccións tituladas “Sección Doctrinal”, “Jurisprudencia Civil”, “Jurisprudencia Administrativa”, “Crónica”, “Noticias Generales” e “Variedades”. Incluía artigos científicos sobre lexislación e xurisprudencia, e información sobre causas e cuestións da Audiencia, do Tribunal Supremo de Xustiza e do Consello de Estado. Ademais, introducía bibliografía, referencias a arquivos, datos estatísticos e curiosidades.