Boletín Mercantil e Industrial de Galicia

Boletín Mercantil e Industrial de Galicia
[PUBLIC]

Xurdiu na Coruña o 2 de decembro de 1847 e desapareceu en decembro de 1848. Foi impreso en holandesa por Domingo Puga. Tivo dous directores, por unha banda Xosé Puente Brañas e, pola outra, Xoán Pedro Vicenti. Colaboraron neste boletín Romero Ortiz, Antolín Faraldo e Cubeiro Piñol, entre outros. Tiña como obxectivo defender a escola librecambista e creouse canda o espertar económico europeo. Nas súas follas ofrecía información sobre os prezos dos mercados da provincia, portes, seguros, cambios, noticias do comercio, revistas teatrais, unha sección relixiosa, movementos do porto ou a bolsa de Madrid. Divulgaba a súa ideoloxía a través de artigos doutrinais. Ao despedirse dos lectores no derradeiro número manifestou certas dificultades materiais, aínda que non económicas, para a súa edición.