Bólido de Cuntis, El

Bólido de Cuntis, El

Publicación que xurdiu na comarca de Cuntis e Moraña (Pontevedra) en 1918. Cando Xosé Vázquez Grela conseguiu o control da sociedade de labradores de Cuntis pasou a dirixir esta publicación agrarista de tendencia anticaciquista. Este boletín alonga a súa existencia ata 1922, data na que se converte nun quincenario agrarista de Moraña.