Boltzmann, Ludwig Eduard
Físico. Desenvolveu, xunto con J. W. Gibbs e J. C. Maxwell, a Mecánica Estatística. Foi profesor de Física en Graz, Múnic, Leipzig e Viena desde 1895 ata o seu suicidio, en 1906. Inspirado polos traballos de Maxwell, interpretou as leis da Termodinámica a partir da Mecánica das moléculas e con métodos estatísticos. O seu teorema H (1877) permitiu explicar o segundo principio da Termodinámica. Enunciou o principio da equipartición da enerxía e demostrou teoricamente a lei experimental de Stefan, que pasou a chamarse lei de Stefan-Boltzmann, a partir do ciclo de Carnot (1884). Entre as súas obras cómpre salientar Leccións sobre a teoría electromagnética de Maxwell, Teoría cinética dos gases (1895-99) e Leccións sobre os principios da Mecánica (1904)
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Duino, Trieste