bombardeiro -ra
(< bombarda)
-
s
m
[BÉL]
Avión militar destinado ao bombardeo, que ten como carga principal bombas e mísiles; adoita estar provisto de aparellos electrónicos para confundir os dispositivos de detección inimigos. Ten que poder voar a unha gran velocidade sobre o obxectivo e lanzar as bombas con precisión; ademais o radio de acción, capacidade de carga, autonomía e teito de voo teñen que ser o máis elevados posible. Clasifícanse en medios e estratéxicos, dependendo de que o seu radio de acción non chegue aos 5.000 km ou sobrepase esta cifra; aínda que ata a Segunda Guerra Mundial se clasificaban como bombardeiros lixeiros, medios e pesados, segundo a capacidade de bombas. O bombardeiro lixeiro evolucionou e converteuse no cazabombardeiro, de gran capacidade de manobra e de alta velocidade; unha vez lanzada a carga ofensiva, o avión actúa como un caza.
Ex: O meu curmán foi tripulante nun avión bombardeiro.
-
s
m
[BÉL]
Soldado encargado de lanzar bombas.
Ex: Especializouse no exército no corpo de bombardeiros.
-
s
m
Fundidor de bombardas.
-
s
m
[BÉL]
Artilleiro que servía as bombardas.
-
s
m
[BÉL/MAR]
Navío armado con bombardas.