bombardeo
(
-
s
m
Acción e efecto de bombardear.
Ex: A cidade de Berlín foi arrasada polos bombardeos nos días finais da guerra.
-
bombardeo aéreo
[BÉL]
Ataque con bombas efectuado pola aviación. O primeiro bombardeo tivo lugar en outubro de 1912 durante a Guerra dos Balcáns. Durante a Primeira Guerra Mundial aumentou a importancia dos bombardeos aéreos. Tanto os alemáns como os franceses comezaron a construír avións de bombardeo, que coas súas incursións sobre os principais centros industriais orixinaron o nacemento dos avións de caza. Estes últimos comezaron a transportar bombas, nacendo deste xeito os cazabombardeiros. Tamén se utilizaban os dirixibles como bombardeiros diúrnos. Non obstante , o bombardeo estratéxico perdeu importancia polo posible uso dos grandes mísiles terra-terra e dos submarinos nucleares cos seus mísiles balísticos.
-
bombardeo a grande altura
[BÉL]
Bombardeo levado a cabo polos grandes avións en voo horizontal.
-
bombardeo catódico
[FÍS]
Fluxo de electróns que inciden sobre o anticátodo dun tubo electrónico.
-
bombardeo empinado
[BÉL]
Bombardeo efectuado pola aviación en traxectoria ascendente.
-
bombardeo en picado
[BÉL]
Bombardeo levado a cabo polos cazabombardeiros que se lanzan desde unha determinada altura contra o obxectivo.
-
bombardeo naval
[BÉL]
Acción de disparar a artillería dun barco contra a costa. A súa finalidade pode ser reforzar misións terrestres ou anfibias ou destruír instalacións costeiras ou cidades.
-
bombardeo postal
[INFORM]
Acción de inundar unha conta de correo electrónico con informacións inútiles para quen as recibe.
-
bombardeo rasante
[BÉL]
Bombardeo aéreo efectuado voando a pouca altura -e xeralmente despois dunha aproximación feita tamén en voo rasante- contra obxectivos difíciles de atacar desde máis altura.