bombona

bombona

(

  1. s f [IND]

    Garrafa grande, de vidro groso, utilizada para transportar certos líquidos (ácidos, disolventes, etc). Son de formas máis arredondadas ca as garrafas e poden ir protexidas por palla, tiras de ferro ou plástico.

  2. s f [IND]

    Recipiente metálico empregado para envasar gases en estado líquido. As bombonas están deseñadas para resistir presións elevadas, son xeralmente de aceiro, e os seus orificios de saída están regulados por válvulas de seguridade.

    Ex: Non compramos a bombona de butano e non podemos ducharnos con auga quente.

Palabras veciñas

bombo | Bombo, El | bombón | bombona | bomboneira | Bombus | Bombycilla