bonanza
bonanza
(< lat v *bonacia ‘calma’,formado sobre o lat bonus por oposición a malacia ‘calmeiro’)
-
s
f
Estado de calma no mar ou no tempo que resulta propicio para a navegación.
Ex: Os veleiros aproveitaron a bonanza para facerse ó mar.
Antónimos: tempestade, tormenta. -
s
f
Tempo meteorolóxico de temperatura suave, sereno e tranquilo.
Ex: No mes de setembro xa non teremos tanta bonanza.
Antónimos: tempestade. -
s
f
Situación de prosperidade económica ou social.
Ex: A bonanza económica fixo diminuír o desemprego.
-
s
f
Tranquilidade de espírito.
Ex: Non creo que se incomode por algo tan nimio porque sempre toma as cousas con moita bonanza.
Sinónimos: serenidade, sosego.