Bonaparte
Bonaparte
ou Buonaparte Familia de orixe nobre lombarda estendida por diferentes lugares de Italia (Florencia, Treviso, Verona e Padua). Membros relevantes desta familia foron o Emperador Napoleón I e o seu fillo -o Rei de Roma- Napoleón II; Xosé I, Rei de Nápoles e de España; Luís I, Rei de Holanda, e o seu fillo, o Emperador Napoleón III, así como o fillo deste último, o príncipe imperial francés Uxío Luís Napoleón Bonaparte (1856-1879); Xerónimo (1784-1860), Rei de Westfalia, e os seus fillos Xerónimo e Matilde Bonaparte; Luciano Bonaparte, príncipe de Canino; Elisa Bonaparte (1777-1820), gran duquesa de Toscana; Paulina Bonaparte (1780-1825), duquesa de Guastalla; e Carolina (1782-1839), Raíña de Nápoles.