Bonet, María del Mar
Autora e intérprete vocal. Entrou a formar parte de Els Setze Jutges e incorporou á Nova Cançó cantos tradicionais das Illes Balears, xunto a versións catalanas de autores franceses e obras propias sobre letras de poetas (B. Rosselló-Pòrcel, J. Alcover e V. Andrés Estellés, entre outros). Experimentou con formas musicais doutros ámbitos culturais mediterráneos (Andalucía, Tunisia, etc). Entre a súa discografía cómpre destacar Alenar (Alentar, 1977), Jardí tancat (Xardín pechado, 1981), Cançons de la nostra terra (Cancións da nosa terra; en colaboración con Al Tall, 1982), Breviari d’amor (Breviario de amor, 1982) e Anells d’aigua (Aneis de auga, 1985). Foi galardoada co Gran Premio Internacional da Canción, outorgado pola Academia Charlie Cross de París (1984).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Palma de Mallorca