Bonifaç

Bonifaç

ou Bonifás Familia de escultores activos en Catalunya durante os ss XVII e XVIII. Lluís Bonifaç o vell (Marsella ? - Riudoms 1696), estableceuse en Barcelona xunto co seu pai Francisco. É o autor do sant Pau do patio da Casa da Convalescéncia (1678) e das imaxes do retablo de Santa Magdalena da Catedral de Barcelona (1688). O seu fillo Lluís Bonifaç i Sastre (Barcelona 1683 - Valls 1765), coñecido como Bonifaci, foi discípulo de Llàtzer Tramulles o maior, tesoureiro da confraría de escultores de Barcelona. É autor de numerosos retablos entre os que destaca o de sant Marc en Valls. O seu fillo Baltasar Bonifaç i Anglés (Valls 1709-1747) foi escultor e pintor. Lluís Bonifaç i Massó (Valls 1730 - 1786), fillo do anterior, foi académico de mérito da Academia de San Fernando, moi destacado no Barroco. Entre as obras conservadas salientan a figura xacente de sant Aleix en Valls (1769) e o retablo de sant Sebastiá na Academia de San Fernando (1763). O seu irmán Francesc Bonifaç i Massó (Valls 1735 - Tarragona 1806), traballou en Tarragona. Entre as súas obras salientan os retablos de sant Isidre, sant Roc e sant Pelegrí en Lleida (1775-1785).