Bono Martínez, José
Político. Licenciado en Economía e Dereito pola Universidad de Deusto (ICADE). Exerceu como avogado ata 1979, actividade que compaxinou coa de profesor de Dereito Político na Universidad Complutense de Madrid. En 1976 viaxou a Chile como comisario da ONU para investigar as violacións dos dereitos humanos e foi expulsado polo goberno de Pinochet. En 1970 comezou a súa carreira política no Partido Socialista Popular onde permaneceu ata a súa unión co Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1979. Foi deputado por Albacete e secretario do Congreso dos Deputados (1979-1983). En 1983 foi elixido presidente de Castela-A Mancha, cargo do que foi reelixido nas seguintes catro convocatorias. En 1988 foi nomeado secretario xeral do Partido Socialista de Castela-A Mancha, cargo que desempeña, e presidente dende 1990 ata 1997. Ten publicados os libros: A vueltas con el futuro: reflexiones para la renovación del socialismo (1995), Discursos del presidente José Bono, 1983-1995 (1995), El príncipe Felipe: crónica de un viaje (1998), ademais de numerosos artigos sobre cuestións xurídicas e políticas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Salobre, Albacete