Borbón e Battenberg, Xoán de

Borbón e Battenberg, Xoán de

Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Ildefonso

  • Deceso

    Lugar : Pamplona