Borghese, Vila
Borghese, Vila
Antiga vila fundada en Roma a principios do s XVII polo cardeal Scipione Caffarelli Borghese. A construción é obra de Jan van Santen (Vasanzio) e os xardíns foron deseñados por Domenico Savino. Transformada parcialmente nos ss XVIII e XIX, no 1902 foi adquirida polo estado italiano e actualmente é parque público de Roma. Contén a Galleria Borghese, que posúe a gran colección de obras de arte reunida polos príncipes Borghese: pinturas de Botticelli, Antonello da Messina, Raffaello Sanzio, Correggio, Caravaggio; e estatuas de Bernini e Canova.