Borkou

Borkou

Rexión do Sáhara, no Chad, situada ao S do Tibesti. Forma unha chaira de pedra dunha altitude media de 200-300 m, con grandes oasis. Os principais recursos económicos son a gandería (camélidos, cápridos e óvidos) e a agricultura dos oasis. A localidade máis importante é Faya-Largeau. Antigamente era un estado vasalo do Wadai; en 1899 foi cedido a Francia polo tratado anglo-francés, aínda que as tropas francesas non o ocuparon ata 1907.