Born-Oppenheimer, separación de
Born-Oppenheimer, separación de
[FÍS]
Técnica de resolución da ecuación de Schrödinger dunha molécula, que permite obter dunha maneira aproximada os niveis de enerxía desta. Consiste en considerar, nun primeiro paso, unicamente o movemento dos electróns ao redor dos núcleos e, nun segundo paso, o movemento dos núcleos. A enerxía da molécula é daquela a suma da enerxía electrónica e da enerxía de vibración-rotación dos núcleos. Denomínase tamén aproximación ou separación adiabática.