Bornholm
Bornholm
Illa do mar Báltico que constitúe administrativamente un amt (condado) de Dinamarca (588 km2; 44.786 h [estim 1998]). A capital é Rønne (15.146 h [1990]). Está separada de Suecia polo Estreito de Bornholm. Os principais recursos económicos son a pesca e as canteiras de caolín. Preto da capital hai unha base militar aeronaval. Son significativas as igrexas-fortaleza dos ss XII e XIII.