borracho -cha
borracho -cha
(< borracha)
-
adx e s
Que ou quen está baixo os efectos do alcohol.
Ex: Moitas veces chega borracho ó traballo.
-
adx e s
Que ou quen se emborracha a miúdo.
Ex: É un borracho, todos os días bebe en grandes cantidades e perde o control.
-
adx
e
Ex: Non se deu conta do que facía porque estaba borracho de ira.
-
adx
Aplícase a algúns froitos, como o pexego e o melocotón, que teñen a carne moi saborosa e unha cor como a do viño tinto claro.
-
adx
[ALIM]
Aplícase ao biscoito, pan ou outro alimento enchoupado nunha bebida alcohólica -especialmente viño e licor-, almíbar ou leite.
Ex: A miña avoa de cando en vez aínda fai sopas borrachas co pan reseso enchoupado en viño e azucre. Sempre me gustou moito o biscoito borracho.
Frases feitas
-
Estar borracho coma un pelexo/unha cuba. Estar excesivamente bébedo.
Refráns
- a que se dá á bebida, ben pouco estima a súa vida.
- Cada un di o seu parecer despois de beber.
- Ninguén se emborracha co viño da súa casa.
- Ó que vai á bodega sempre se lle conta, beba ou non beba.
- ¡Vaites, vaites co romeiro, que non sabe andar a pe!