borrador

borrador

(< borrar)

  1. s m
    1. Escrito de primeira intención no que se poden facer supresións, mudanzas ou adicións. Constitúe un piar fundamental dentro do que se coñece como xenética textual posto que reflicte todo o proceso de desenvolvemento da escrita desde o seu comezo ata chegar ao texto definitivo.

      Ex: Isto é só un borrador, teño que facer algunhas correccións antes de entregalo.

    2. Debuxo inacabado ou imperfecto.

      Ex: Fixo un borrador para explicar cómo ía quedar o parque coa reforma.

      Confrontacións: bosquexo, esbozo.
    3. Libro no que os comerciantes e empresarios fan anotacións para facer logo as contas.

  2. s m

    Peza de tea ou obxecto provisto dun feltro para borrar os encerados.

    Ex: Vai sacudir o borrador que xa non limpa ben.

  3. s m [INFORM]
    1. Ferramenta dos programas de pintura e de manipulación fotográfica que borra nunha imaxe de mapa de bits. Pódese axustar o tamaño da goma de borrar virtual e a forma de borrado para adaptalo ás necesidades. Algúns programas axustan incluso a forma en que traballa o borrador, que pode borrar por completo ou soamente aclarar a cor.

    2. Calidade de impresión que se pode obter nalgunhas impresoras, coa que se poden ler ben os textos ao tempo que se gasta menos tinta ao imprimilos.

Palabras veciñas

borracho -cha | borrachón -na | borrado -da | borrador | Borrageiros | Borrajeros | Borrajo