Borrassà, Lluís
Borrassà, Lluís
Pintor. Activo en Girona na segunda metade do s XIV, foi discípulo de Pedro Serra. Traballou na sé de Girona en 1380 e, en 1383, estableceuse en Barcelona. Realizou, entre outros, os retablos dos Set Goigs de la Mare de Déu (Os sete gozos da Nai de Deus), para Copons (1402); do Salvador de Sant Salvador de Guardiola (Bages); da capela de Sant Antoni, da sé de Manresa (1410); retablo maior de Sant Pere de Égara, en Terrasa (1411); retablo maior do convento de Santa Clara, de Vic (1415). No ano 1419 cobrou o remate do retablo maior do mosteiro de Santes Creus, comezado por Guerau Gener. Foi o representante máis coñecido da pintura gótica catalana, caracterizado polo Expresionismo, a forza da cor e a variedade de policromía.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Girona -
Deceso
Lugar : Barcelona