borrosa
borrosa
s
f
[PLANTA]
Herba da familia das asteráceas cuberta dunha especie de borra de tomento branco, denso e suave. Os capítulos, xeralmente, presentan todas as flores tubulosas, poucas hermafroditas e moitas femininas. Os pelos do vilano non son plumosos e o receptáculo non presenta escamas nin brácteas. En Galicia están presentes as especies Pseudognaphalium luteo-album, en lugares areosos e húmidos, e Filaginella uliginosa, propias de lugares húmidos.