borroso -sa
(< 1 borra)
-
adx
Que non se distingue ou ve con claridade e precisión.
Ex: Ó lonxe víase borroso o cume da montaña. A escritura da carta era borrosa. Só tiña recordos borrosos daquela excursión.
-
adx
[ARTE]
-
Obras pitóricas pouco concretas, de contornos ou de trazos que dan como resultado un efecto confuso, que pode ser feito intencionadamente para conseguir un resultado determinado: atmosfera, distancia, escuridade, etc.
Ex: A tenebrosidade que inspira o cadro lógrase con ese fondo borroso plasmado polo pintor.
-
Obras desvaloradas de ton, por falla de mestría no oficio pitórico, e que fan o efecto de tacos imprecisos que desfán a harmonía do conxunto.
-
-
adx
[INFORM]
Opción que posúen algunhas aplicacións de tratamento de fotografías ou infografía co fin de facer que unha parte ou a totalidade dun documento gráfico se distinga con pouca claridade ou precisión. Fundamentalmente se utiliza para imitar efectos ópticos.