boruro
boruro
s
m
[QUÍM]
Composto binario de boro e un elemento menos electronegativo, xeralmente metais de transición. Os boruros adoitan obterse a partir da electrólise dos boratos fundidos; os metálicos teñen puntos de fusión moi elevados, unha dureza extraordinaria e condutividades eléctricas relativamente altas. Teñen aplicación como abrasivos, refractarios e emisores de electróns.