Borvén, mosteiro de
Borvén, mosteiro de
Mosteiro do que se supón a súa existencia pola interpretación errónea dun documento datado no ano 951 no que Ordoño III doaba á igrexa de Santiago a vila chamada Borvene. Pouco despois, neste mesmo diploma menciónase un mosteiro identificado cun cenobio supostamente chamado Borvén próximo ao río Miño, quizais na provincia de Ourense. Non obstante , o mosteiro citado fai referencia a San Pedro de Antealtares (que máis tarde cambiará a súa advocación orixinal pola de San Paio), mosteiro beneficiario desa doazón.