bosníaco -ca
bosníaco -ca
(< topónimo Bosnia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Bosnia-Herzegovina ou aos seus habitantes.
Ex: Acolleron uns rapaces bosníacos na miña parroquia.
-
s
Natural ou habitante de Bosnia-Herzegovina, na rexión dos Balcáns.
Ex: O Celta ten nas súas filas un bosníaco que xoga como dianteiro centro.
-
s
Individuo do pobo eslavo dos bosníacos.
-
s
[ETN]
Pobo eslavo do S que ocupa sobre todo a parte central de Bosnia e que se diferenza dos serbios e dos croatas, cos que conviviu a miúdo nos mesmos territorios, principalmente polo arraigamento histórico na relixión musulmana. Modernamente, moitos bosníacos adoptaron a relixión católica. Falan unha variante de vocalización en i do dialecto žtokavački do serbiocroata e estiveron moi influídos polos turcos.