Boston
Boston
Cidade do Condado de Lincolnshire, no L de Inglaterra, Reino Unido (26.425 h [1981]). Situada á beira do río Witham, preto da súa desembocadura na baía de The Wash, é un centro administrativo e comercial dunha próspera comarca agrícola. Os romanos estableceron no lugar un castrum (campamento). No s XIII era o porto máis importante de Inglaterra, despois do de Londres; sen embargo, os aluvións depositados polo río fórono cegando ata impedir a navegación. No s XIX dragouse a canle e construíronse peiraos, obras que permiten o tránsito de buques de ata 400 toneladas de rexistro bruto.