botadura

botadura

(< botar)

  1. s f [MAR]

    Acción de botar unha embarcación.

    Ex: A raíña presidiu a botadura do barco que construíran en Barreras.

  2. s f [MAR]

    Momento no que unha embarcación recentemente construída ou reparada entra na auga. A botadura sempre se fai mediante unha acción de escorregamento, xeralmente pola popa, aínda que en ocasións poida facerse pola proa ou polo costado. A botadura é o único xeito de poñer unha embarcación na auga, salvo que se efectúe por medio dun guindastre especial para tal efecto.

  3. s f [AGR]

    Período extraordinario para a sementeira dun froito.

    Ex: A primavera é boa época para a botadura do millo.

    Sinónimos: semente, sementeira.

Palabras veciñas

3 bota | botado -da | botador -ra | botadura | botafogo | botafumeiro | Botafumeiro