botadura
botadura
(< botar)
-
s
f
[MAR]
Acción de botar unha embarcación.
Ex: A raíña presidiu a botadura do barco que construíran en Barreras.
-
s
f
[MAR]
Momento no que unha embarcación recentemente construída ou reparada entra na auga. A botadura sempre se fai mediante unha acción de escorregamento, xeralmente pola popa, aínda que en ocasións poida facerse pola proa ou polo costado. A botadura é o único xeito de poñer unha embarcación na auga, salvo que se efectúe por medio dun guindastre especial para tal efecto.
-
s
f
[AGR]
Período extraordinario para a sementeira dun froito.
Ex: A primavera é boa época para a botadura do millo.
Sinónimos: semente, sementeira.