1 bote
(
-
s
m
Recipiente con forma de cilindro que se emprega para gardar cousas.
Ex: Colleu un bote para gardar os lapis que tiña sobre a mesa. Merca dous botes de tomate cando vaias ó supermercado.
Confrontacións: lata, tarro. -
s
m
[XOGO]
Cantidade acumulada que non foi repartida nun sorteo por non lle ter tocado a ninguén.
Ex: Na quiniela do domingo hai un bote acumulado de cincocentos millóns.
-
bote de fume
Recipiente metálico que libera e emite fume.
Ex: A policía disolveu os manifestantes lanzándolles botes de fume.
-
bote pulverizador
[INFORM]
Ferramenta de varios programas informáticos de deseño e fotografía que deixa unha mancha circular da cor seleccionada. Para usalo debe manterse pulsado o botón do pulverizador co rato e arrastrarse por onde se queira. O centro da mancha do pulverizador será continuo, pero os bordos iranse abrindo ata amosar a cor de fondo. Se se necesita unha cor densa e continua, debe moverse lentamente o rato; se se desexa obter un trazo de cor esvaído, debe moverse rapidamente. É posible cambiar o tamaño da zona que se cobre co bote pulverizador cambiando as opcións do programa.
Frases feitas
-
Chupar do bote. Sacar partido de algo, ganancia ou beneficio, a cambio de nada.
-
Ter a un no bote. Gañar a unha persoa.