1 bote

1 bote

(

  1. s m

    Recipiente con forma de cilindro que se emprega para gardar cousas.

    Ex: Colleu un bote para gardar os lapis que tiña sobre a mesa. Merca dous botes de tomate cando vaias ó supermercado.

    Confrontacións: lata, tarro.
  2. s m [XOGO]

    Cantidade acumulada que non foi repartida nun sorteo por non lle ter tocado a ninguén.

    Ex: Na quiniela do domingo hai un bote acumulado de cincocentos millóns.

  3. bote de fume

    Recipiente metálico que libera e emite fume.

    Ex: A policía disolveu os manifestantes lanzándolles botes de fume.

  4. bote pulverizador [INFORM]

    Ferramenta de varios programas informáticos de deseño e fotografía que deixa unha mancha circular da cor seleccionada. Para usalo debe manterse pulsado o botón do pulverizador co rato e arrastrarse por onde se queira. O centro da mancha do pulverizador será continuo, pero os bordos iranse abrindo ata amosar a cor de fondo. Se se necesita unha cor densa e continua, debe moverse lentamente o rato; se se desexa obter un trazo de cor esvaído, debe moverse rapidamente. É posible cambiar o tamaño da zona que se cobre co bote pulverizador cambiando as opcións do programa.

Frases feitas

  • Chupar do bote. Sacar partido de algo, ganancia ou beneficio, a cambio de nada.

  • Ter a un no bote. Gañar a unha persoa.

Palabras veciñas

Botas | Botaurus | botavara | 1 bote | 2 bote | 3 bote | 4 bote